Novo libro do colaborador de Cadernos, Carlos Penelas

by - sábado, julio 21, 2012


 

Poesía reunida
Bos Aires, 2012.
Editorial Dunken.
Antoloxía. Poesía.
——————————————————————————
Non intento crear a imaxe dun Penelas obediente nin adicto a capela algunha; o poeta alcanza a sabedoría a través da súa propia palabra, exercida con constancia e valentía. E esa palabra ilumínao, móstralle ao Mestre Interior, o Deus dos místicos que mora no secreto da alma. A luz, luz dos astros e luz interna, é signo dunha ardente vixilia, que se converte en ilusión, estado de encantamento, penumbra do sentir, o coñecer e o non-saber. A súa acordada sabedoría, a súa tensión cara á totalidade, outorgan á poesía de Penelas unha calidade metafísica que dá sentido á experiencia e faia plena. Isto permite ao lector, a nós, compartir unha sorte de felicidade á que chamamos beleza.
Graciela Maturo

You May Also Like

0 comments