Xornal de Betanzos

by - domingo, enero 13, 2013

Carlos Penelas se ha convertido en colaborador de Xornal de Betanzos, medio de comunicación digital dirigido a toda la población de la comarca de As Mariñas y a su capital, la ciudad de Betanzos. El portal "pretende ofrecer información pública de calidad desde un punto de vista imparcial y de rigurosa independencia de poderes políticos, económicos y sociales desde una perspectiva progresista".


O escritor e poeta hispanoarxentino Carlos Penelas, cuxa familia é orixinaria de Coirós, incorpórase á nómina de colaboradores de Xornal de Betanzos. Carlos Penelas naceu en Bos Aires o 9 de xullo de 1946, fillo de Manuel Penelas Perez e Maria Manuela Abad Perdiz, orixinarios das Mariñas betanceiras.

Cursou estudos de profesorado de Letra na Escola Normal de Profesores Mariano Acosta; cursou así mesmo Historia da Arte e Literatura na facultade de Filosofia e Letras da Universidade Nacional de Bos Aires. En 1968 obtivo os seus primeiros premios: o Primeiro Premio de Poesía e Primeiro Premio de Ensaio na Escola Normal de Profesores. Posteriormente obtivo o premio “Arturo Marasso” outorgado pola Escola Nacional Normal Superior do Profesorado Mariano Acosta entre figuras como Julio Cortazar, Raul Gustavo Aguirre, Angel Mazzei, Fermin Estrella Gutierrez e Osvaldo Loudet.

Nos oitenta obtén a Faixa de Honra da Sociedade Arxentina de Escritores (S.A.D.E.) e o Primeiro Premio de Poesia “Alfonsina Storni” outorgado por Xente de Letras. Foi Director dos talleres literarios da Sociedade Arxentina de Escritores. Foi conferenciante en numerosas entidades nacionais e na Universidade de La Coruna, Catedra de Literatura Latinoamericana.

Realizou viaxes culturais a Madrid, Barcelona, Londres, Edinburgo, Paris, Roma, Bruxelas, Amsterdam, Viena, Frankfurt, Praga, Budapest, Lisboa, Florencia, Venecia, Sicilia, etc. En 2000 Edicións do val publícalle o libro de poesias “Desobediencia da aurora” e logo “De Espenuca a Barracas ao Sur”, selección de artigos publicados en Galicia no Mundo, La Prensa de Bos Aires e La Vanguardia, algúns baixo o seudónimo de “Príncipe de Espenuca”.

En 2001 publica o ensaio “O regreso de Walter Gonzalez Penelas”, estudo e antoloxía do poeta uruguaio, co auspicio da Embaixada da Republica Oriental do Uruguai. Xesus López Fernández, autor da antoloxía “Poemas a nai”, inclúo a Carlos Penelas moi xustificadamente nesta obra, sendo o único poeta non nacido en Galicia que figura nesta. A Fundacion Internacional Jorge Luis Borges incluíuno entre os dez poetas viventes mais importantes e foi incluído en breve Dicionario Biográfico de Autores Arxentinos, compilado por Pedro Orgambide.

Más información: http://xornaldebetanzos.wordpress.com

Click acá para leer el poema Tango, primera publicación.

You May Also Like

2 comments

  1. Noraboa, admirado Carlos. Así se vai facendo patria. Un abrazo a todos, Aurora

    ResponderEliminar
  2. Carlos Penelas:
    Excelente noticia, que estimo ha de ser motivo de orgullo personal y dicha familiar.
    Mis mejores deseos para esta nueva etapa.
    Un abrazo.

    ResponderEliminar