Carlos Penelas dá mañá unha conferencia no Liceo

by - martes, octubre 07, 2014

Baixo o rótulo “Literatura e sociedade” mañá desde as oito e media da tarde o poeta, escritor e colaborador de Xornal de Betanzos Carlos Penelas impartirá unha conferencia no Salón Azul do Edificio Arquivo e ademais lerá poemas da súa autoría. Esta será a última presentración en Galicia do poeta, quen xa brindou charlas en Santiago de Compostela e Vimianzo, onde tamén presentou o seu último libro, El trasno de Espenuca. Ademais, en setembro tamén participou no Ateneo de Málaga coa súa charla “A fantasía do poético”.


Carlos Penelas, xunto a Rocío Danussi, xa presentaran no Salón Azul do Edificio Liceo de Betanzos, en outubro de 2010 a conferencia titulada “Poética, Mito e Lirismo da Espenuca”. A xira de presentacións e conferencias de Penelas continúa en Madrid, cando o domingo 12 de outubro se presente no no Salón de Actos do Concello de Navalafuente para a conferencia “A aprendizaxe do poeta”, e posteriormente no Instituto de La Cabrera, municipio da Serra Norte de Madrid, o mércores 22. Alí titulará a súa presentación “A poesía abre as ventás”, no 25º aniversario da institución.

Xornal de Betanzos, 7 de octubre de 2014

You May Also Like

0 comments