Penelas publicará “Cánticos paternales” en xuño

by - jueves, junio 04, 2015

Editorial Dunken publicará en xuño Cánticos paternales,do prolífico colaborador de Xornal de Betanzos Carlos Penelas. O poemario é unha compilación de composicións escritas ao seu pai durante máis de trinta anos; recompiláronse oito poemas e o autor agregou dous inéditos. Nesta selección a voz interior do autor galaicoarxentino cobra un sentimento lírico continuado, unha senda que leva a afondar o anhelo do incomunicable. Unha sorte de alquimia, unha ruptura e torsión do tempo, a inevitable morriña, intimidade intransferible. Perda e estrañamento, infinitude onde deambula voo e soidade.


Fuente: Xornal de Betanzos

You May Also Like

0 comments