Memorias galegas de Carlos Penelas

by - lunes, agosto 31, 2015

El poeta Edmundo Moure tradujo al gallego el artículo de Carlos Penelas "Casa Ducal, Camisería Penelas Hnos. y Radio Belgrano‏".

Dibujo de Eugenia Limeses

Teño escrito no meu libro Cuaderno del Príncipe de Espenuca (2004), que os meus pais galegos, formaron unha familia onde se manifestou o exemplo duhna inmigración senlleira: esforzo, cultura, traballo e unha loita permanente contra toda intransigencia,  contra todo populismo. Alí, entre otras cousas, digo que don Manoel Penelas, meu pai, polos anos corenta tivo cecáis a lencería porteña máis tradicional e de renome. Os curmáns de meu pai chamábanse Manoel, Ramón e Pastor. Mais iso ímolo ver máis adiante.

Aína lembro o cartafol da tenda en letra cursiva: Ducal. E debaixo, en letra máis pequena, lencería fina. Estaba en Suipacha 719, a unha cadra da moblería Maple, ós vinte metros da frolería A Orquídea, perto do belísimo moimento a Borrego, que levntou Rogelio Irurtia. Os enxovais tardaban dous meses en artellarse, con sucesivas probas. Todo a medida. A tenda tiña mobles de caoba, amplos espellos biselados, cadeiras mercadas en Quintín e Alfonsín. Unha vez ao mes concorría un vidrieirista e un contable. Bambase facía las vidrieiras de Harrod´s, Roberto Cosla era o contable que abría o despacho Boston do meu pai.

Meu pai tiña sido viaxante de comercio, de casas de comercio españolas que xeraban un crecimento importante en todo o país. Meu irmán maior, Roberto, herdou ise oficio. Polos anos cincuenta viaxaba nun Ford 36 a Córdoba, representaba empresas tradicionais de gobelinos franceses, casimires ingleses o os chapéus Lagomarsino.
Meu amigo Ángel Prignano, presidente da Xunta de Estudos Históricos de San José de Flores, publicou, en 2002 Buenos Aires: el barrio de Flores y sus hechos (Efemérides y cronología). Tivera a fineza de enviarme o seguinte texto, pertenecente ao libro.

6 de novembro de 1908 - Abre as súas portas a casa Penelas. Foi fundada por Manoel Penelas, nunha tenda de Rivadavia 7299 esquina Terrada. Logo trasladouse a Rivadavia 6720 i en 1923, ao 6819/23 da mesma avenida. Dedicouse á venda de artigos e sastrería fina para cabaleiros. Importantes reformas levadas ao cabo en 1943 modernizaron a tenda, que deica contou con folgados salóns de exposición e vendas cunha superficie de 500 metros cadrados e amplas vidrieiras cara a rúa. Con don Manoel colaboraban os seus irmáns Ramón e Pastor, actuando como xerentes os señores José Fedele y Eduardo Outeda. Esta lembrada casa comercial de Flores pechou en 1973.

9 de xullo de 1924 - Inicia as súas transmisións LR3 Radio Libertad. Comezou a emitir dende unha casa de Boyacá 472 como LOY Radio Nacional. Seus propietarios eran tres comerciantes de Flores: Raúl Barrando, Ernesto López Barros y Manoel Penelas. A sala de transmisións, o control i o auditório foran instalados con moitos atrancos, pois tratábase  dunha casa de familia sen os espazos axeitados para a actividade radiofónica. Barrando estaba ó cargo da dirección artística, mentres Barros e Penelas administraban a emisora e Pablo Osvaldo Valle tiña sido contratado como locutor. Artistas da calidade e prestixio de Charlo, Azucena Maizani, Mario Pardo, Agustín Magaldi, Jorge Bohr, Manoel Buzón e Rosita del Carril integraron os seus cadros. Ao cabo dun tempo e ao ficar coma único dono da radio, Penelas vendeusella a Jaime Yankelevich en 96.000 pesos. A transferencia foi protocolizada en febreiro de 1927. A finais do ano seguinte, don Jaime mudou a emisora a un edificio máis amplo situado en Estados Unidos 1816 e máis tarde a Belgrano 1841. En 1929 a radio trocou as suas siglas a LR3 e, logo dunha consulta aos seus oíntes, el 2 de setembro de 1933, tomou o nome de Radio Belgrano.

Carlos Penelas

Buenos Aires, agosto de 2015

You May Also Like

0 comments