Centro Betanzos EdicionesEugenia LimesesFeria del LibroLa luna en el candil de la memoriaprensaXornal de Betanzos
O Centro Betanzos estrea selo editorial cunha obra de Carlos Penelas
O selo editorial do Centro Betanzos con axuda do Mecenazgo Cultural da Cidade de Bos Aires acaban de publicar o libro do colaborador de Xornal de Betanzos, poeta e ensaísta Carlos Penelas La luna en el candil de la memoria, que conta cunha ilustración orixinal de Eugenia Limeses. A obra é parte dunha serie de publicacións – a cargo de Mariana Vicat Machado- que inauguran un novo proxecto cultural do Centro Betanzos de Bos Aires. Este selo editorial propio fará que o Centro Betanzos conte, por primeira vez, cun stand propio na Feira Internacional do Libro de Bos Aires, que este ano acada a súa 42 edición.
Os demais títulos son de autores e investigadores como Higinio Martínez Estévez, Manuel Castro Cambeiro, Pablo Medina ou Manuel Corral Vide, entre outros. Todos eles estarán presentes na citada feira do libro.
Xornal de Betanzos, 25 de febrero de 2016
0 comments