El príncipe de Espenuca ordenó la recuperación del principado

by - miércoles, agosto 31, 2016

VOLUNTARIOS DE VARIOS PAÍSES RECUPERAN A FRAGA AUTÓCTONA EN ESPENUCA

O campanario de Espenuca, en Coirós
 
A Fundación Fragas do Mandeo e a Xunta puxeron en marcha un campo de traballo para recuperar a fraga autóctona no lugar de Espenuca, en Coirós. Antes das tarefas, os voluntarios foron recibidos no Centro de Interpretación de Teixeiro. No campo, que rematará o vindeiro día 31, participa un total de 17 mozos e mozas de entre 18 e 30 anos proceden de toda España (Andalucía, Canarias, Madrid, País Vasco, etc.), pero tamén atópanse entre eles 8 voluntarios provenientes de Corea, Xapón, Rusia, Francia, Alemaña e República Checa.

O obxectivo do campo de traballo é recupera-la fraga do monte da Espenuca. Os voluntarios ocuparanse de eliminar eucaliptos e acacias negras, cortándoos e secándoos para evitar que rebroten. As parcelas de monte nas que actuarán son de titularidade municipal, cedidas polo Concello de Coirós a Fragas do Mandeo mediante un acordo de custodia do territorio por 50 anos co obxecto de que restaure a fraga orixinal.

Asemade os voluntarios realizarán tarefas de erradicación de flora exótica invasora, principalmente plantas como a crocosmia e a tradescantia, que están a desprazar a vexetación de ribeira e empobrecendo a calidade do hábitat para os animais e plantas que habitan nas beiras do río Mandeo. Adicionalmente, colaborarán no mantemento de este espazo natural recollendo todo o lixo que atopen nas zonas nas que traballen e ó longo das rutas que sigan nas súas visitas ó espazo natural.

Ademais do traballo que realizará cada voluntario no espazo natural durante a súa estancia (equivalente en esforzo a unha semana de traballo dun profesional), o campo ten unha dimensión de educación ambiental e de divulgación de técnicas efectivas para a eliminación de flora exótica e de recuperación de ecosistemas. Os métodos e ferramentas de traballo que van a empregarse foron seleccionados e probados con anterioridade. Segundo o presidente da Fundación, Fernando Bandín, “a presenza de voluntarios procedentes de toda España e de países tan afastados como Xapón, Corea e Rusia, que veñen traballar en favor dos nosos bosques autóctonos, debe facernos reflexionar se como sociedade estamos comprometéndonos suficientemente coa conservación do noso patrimonio natural.”

Xornal de Betanzos, 29 de agosto de 2016

You May Also Like

0 comments